Marelas Teatro estréase con 'Liberto'

Tamara Canosa dirixe a Rocío González, Cris Iglesias e Lucía Aldao

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
Marelas Teatro estréase con 'Liberto'

Tamara Canosa, Luísa Romero e María Vázquez montaron a compañía Marelas Teatro trras encontrarse co texto Liberto de Gemma Brió e convencidas de que esa era a maneira axeitada de levalo á escena. A obra, protagonizada por Rocío González, Cris Iglesias e Lucía Aldao estreouse onte –igual que a propia compañía- no Teatro Colón e comezará en breve a súa distribución. No quen é outra estrea persoal Tamara Canosa dirixiu a montaxe, para a que tamén se conta con coreografía de Rut Balbís, que toma vida nun espazo escénico sen definir que ben podería ser unha sala de espera e na que tres mulleres revisan os límites socialmente acordados. Cando nace Liberto a vida de Ada frea en seco. Un relato honesto de como xestionar a dor e de como seguir avanzando. Un proceso pegado ao primitivo, á conexión coa parte animal e cheo de vitalismo. Marelas busca nesta obra ofrecer unha experiencia teatral "distinta e intensa", en palabra de Canosa aos medios.

Que che parece esta nova?
119 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Rocío González, Lucía Aldao, Primitivo...