O XIX premio de interpretación teatral Maruxa Villanueva, que outorga o Concello de Padrón, foi para a actriz Rocío González Lorenzo. O xurado do galardón facía público o seu fallo este 13 de marzo a sinalar como principais méritos da galardoada "a súa capacidade de crear un personaxe complexo dende a contención no plano expresivo do personaxe de Ada en Liberto". González xa fora recoñecida cun Premio María Casares polo seu traballo nesta mesma montaxe.
Ademais, a resolución destaca o "compromiso da interprete na valoración dun modelo para o galego oral, así como a súa capacidade para implicarse en proxectos moi diferentes". A galardoada conta cunha extensa carreira como intérprete, con participación en producións como Rosalía, As do peixe ou O regreso ao deserto e As laranxas máis laranxas de todas as laranxas do Centro Dramático Galego. Na actualidade fai parte do elenco de Estrela do Día de Producións Teatrais Excéntricas.
O xurado estivo conformado por Lorena Couso, concelleira de Cultura do Concello de Padrón; Inma López Silva, escritora e profesora da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia; Carlos Caetano Biscainho Fernández, actor e profesor da Universidade da Coruña; Alfonso Becerra Arrojo, dramaturgo, profesor da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia; Roberto Pascual Rodríguez, profesor da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia e director da MIT de Ribadavia; Comba Campoi García, actriz, doutora universitaria e especialista en teatro de obxectos; e como secretaria María Cruz Taboada Álvarez, animadora social do Concello de Padrón. A entrega do premio desenvolverase o vindeiro mes de outubro no auditorio municipal.