A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) ven de facer pública a concesión do Premio de Honra Marisa Soto de xeito ex aequo ás aulas de teatro universitarias de Santiago e Ourense. É a primeira vez que este galardón do teatro profesional recae nunha iniciativa pertencente ao eido afeccionado. A Xunta Directiva da AAAG asà o decidiu recoñecendo na Aula de Teatro da Universidade de Santiago e á Aula de Teatro Universitaria de Ourense o inxente labor de ambas e a súa importancia como canteiras para a nosa escena profesional dende as súas respectivas fundacións a comezos dos anos noventa do pasado século. "Varias ducias de intérpretes que, hoxe por hoxe, soben aos nosos escenarios, deron os seus primeiros pasos nestas aulas universitarias. Non poderiamos entender o teatro do aquà e do agora sen o esforzo desenvolvido por estas dúas institucións", apunta a Xunta Directiva. "Espertaron vocacións e cultivaron talentos ao longo de tres décadas, antes mesmo de que existise unha Escola Superior de Arte Dramática en Galicia, polo que merecen todo o noso aplauso, todo o noso agarimo e todo o noso respecto", sentencia a Xunta Directiva, que tamén subliña o seu gran traballo á hora de crear "afeccionados, público e un tecido de interesantes iniciativas formativas ou de exhibición como son os diferentes festivais que se repiten cada ano." A Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela creouse en 1990 e a de Ourense un ano despois baixo a dirección da compañÃa Sarabela Teatro. O premio será entregado durante a gala dos Premios de Teatro MarÃa Casares, que nesta vixésima terceira edición terá lugar no Teatro RosalÃa Castro da Coruña o xoves 21 de marzo.