A Deputación de Lugo duplica o seu apoio ao teatro profesional

A liña Proscenio achegará 50.000 euros a compañías da provincia

| Santiago. Redacción | Seccións: Escpectáculos
Compartir:

A liña de axudas ao teatro profesional Proscenio duplica a súa contía. A Deputación de Lugo acaba de presentar a segunda convocatoria destas subvencións, que achegará 50.000 euros para apoiar as representacións das compañías da provincia. As axudas cubrirán parte do caché destas empresas para realizar funcións para concellos ou entidades sen ánimo de lucro do ámbito lugués. A deputada provincial de Cultura, Pilar García Porto, anunciou que manterá este mércores unha xuntanza con responsables de programación cultural dos concellos para pór en común a oferta que se inclúe neste programa. As entidades interesadas terán quince días para se presentar á convocatoria a partir da publicación no Boletín Oficial da Provincia.

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Deputación de Lugo

Claves

Conceptos
Lugares