A Deputación de Lugo dedicará por vez primeira unha liña de axudas dedicadas a apoiar proxectos de teatro profesional na provincia. A Deputada de Cultura, ArtesanÃa e Deseño, Pilar GarcÃa Porto, presentou este martes o programa PROSCENIO dirixido as compañÃas profesionais de teatro de carácter privado e con domicilio fiscal na provincia de Lugo, e que conta cun investimento do organismo provincial de 25.000 euros. A través desta liña apoiarase estes proxectos empresariais do eido cultural e ademais contribuirase a mellorar a programación cultural, ofrecendo teatro profesional por toda a provincia e para todos os públicos. PROSCENIO axudará na posta en escena de espectáculos entre o 1 de novembro e o 31 de decembro deste 2018 e o caché de cada representación dependerá da tipoloxÃa e natureza das obras, que oscilarán como máximo entre os 4.000 e os 5.500 euros. Os Concellos ou Asociacións sen ánimo de lucro que desexen participar nesta iniciativa deberán aportar o 50% de cada actuación, e o restante correrá a cargo da Deputación. As bases están publicadas no BOP de onte, mércores 29. Tanto Concellos, asà como as Asociacións e as compañÃas de teatro, teñen de prazo 10 dÃas naturais, é dicir ata o 8 de setembro para presentar toda a documentación necesaria para participar neste proxecto.