O Centro Dramático Galego (CDG) contará cun elenco integramente feminino para a súa única produción propia desta temporada, Neorretranca e posmorriña, que se estreará o vindeiro 11 de abril no Salón Teatro de Santiago de Compostela baixo a dirección escénica de Gena Baamonde. As intérpretes Ánxela Blanco, Areta Bolado, Olga Cameselle, Mercedes Castro, Raquel Espada, Anabell Gago, Atenea García, Andrea Quintana, María Roja e Laura Villaverde foron as seleccionadas para encarnar todos os personaxes das dúas pezas que lle darán forma ao espectáculo: Fantasía nº 5 en sol ou non, de Esther F. Carrodeguas, e Boisaca ou a divina desgraza, de Roi Vidal Ponte. Esta selección pecha o proceso no que o CDG convocou 10 prazas de intérpretes -catro con categoría de protagonistas e seis de principais- das cales 6 xa estaban destinadas para actrices e as outras catro podían ser ocupadas indistintamente por actores ou actrices. Ao proceso de selección se presentaron medio cento de aspirantes. O vindeiro luns iniciarán os ensaios xunto a Gena Baamonde e o resto do equipo artístico, tamén maioritariamente feminino.
Así, xunto ao persoal técnico do CDG, participarán nesta nova produción Marta Pazos, a cargo do deseño da escenografía; Saturna, do vestiario; Esther Quintas, da caracterización; Wilma Moutinho, da iluminación; Ailén Kendelman, da música e do adestramento vogal; María Cabeza de Vaca, da coreografía e do adestramento físico; e Rosa Moledo, da asesoría lingüística. Contarase, ademais, con Iria Azevedo como asistente de dirección; Carmen Triñanes, de escenografía; María Alonso Velázquez, de música e adestramento vogal, e Hugo Torres, de produción.