Unha obra escultórica da creadora e directora de escena Marta Pazos realizada a partir da súa escenografía para o espectáculo producido en 2019 polo Centro Dramático Galego 'Neorretranca e posmorriña' exhíbese na Quadriennal de Praga, o certame mundial especializado en espazos escénicos e elementos escenográficos, que se desenvolve arestora na capital checa ata o 18 de xuño. A obra da artista pontevedresa, ideada inicialmente para a peza 'Fantasía nº 5 en sol ou non', orixinal de Esther Carrodeguas con dirección de Gena Baamonde (unha das dúas que conformaban a devandita produción da compañía pública de teatro xunto con 'Boisaca ou a divina desgraza', de Roi Vidal Ponte), foi seleccionada directamente pola organización da Quadriennal entre centos de propostas procedentes de países dos cinco continentes e pode verse no pavillón internacional deste encontro de referencia que reúne cada catro anos o máis salientable e innovador no seu ámbito.
O Centro Dramático Galego participou tamén desde os seus talleres na construción da nova presentación da escenografía, que leva agora por título Matria. Concibida como unha instalación completa, o público poderá entrar nun estancia na que se verá de inmediato inmerso nunha atmosfera solemne, cunha cor de amarelo intenso e envolvente, coa que se cobren paredes, teito e obxectos. A sala está dominada por unha gran escultura téxtil que sae da parede: unha vulva de tres metros e medio de altura. A peza, realizada en licra, algodón, blonda e madeira, é transitable e funciona como unha porta de entrada que segundo a intención da creadora conecta dúas realidades, o aquí e agora e o descoñecido. A instalación combina diversos elementos escultóricos, textuais, visuais e sonoros no que Marta Pazos reproduce un ambiente de 'paseo uterino' que arrastra o visitante a un abismo sinestésico. Segundo comunica o CDG, Matria fala da unión e o empoderamento feminino, utilizando a metáfora do espazo eclesiástico e místico.
Presenza da ESAD e Pedra de Abalar
A de Marta Pazos non é a única presenza da cultura galega estes días no encontro checo. Unha representación da Escola Superior de Arte Dramática (ESAD) tamén estará en Praga participando no encontro a través da "Exposición de estudantes", unha colaboración entre cinco centros de estudo de arte dramática de España que contan coa especialidade de escenografía: Córdoba, Madrid, Sevilla, Valencia e Vigo. O resultado é construción dun pavillón que, en sintonía co concepto curatorial global da representación española, fala sobre as tradicións e o folclore postos en relación co imaxinario escénico. É o caso das pedras da Costa da Morte ás que se dedica a exposición 'A Pedra de abalar', que fala dos valores e lendas que se atribúen a esa pedra de Muxía e outras como ela e o xeuito en que actúan activando os corpos e os imaxinarios, xerando en torno a elas un lugar de encontro, un espazo de convocatoria e unha paisaxe escenográfica. Esta exposición é idea de Maral Kekejian e María Buey González e conta cun traballo en vídeo de Javi Álvarez.