A presentación hoxe do contido artÃstico da que será a única produción propia do CDG esta temporada, Neorretranca e posmorriña, estivo marcada pola ilusión e a expectación e algún que outro fito dentro da historia da compañÃa pública de teatro. Por vez primeira a edición literaria dos textos teatrais, a cargo de Edicións Positivas, estivo presente no momento da presentación e estará dispoñible no momento da estrea da obra este xoves dÃa 11 no Salón Teatro de Santiago. Ademais, xunto ás autoridades presentes habituais e ao elenco artÃstico case ao completo estaban tamén Esther F. Carrodeguas e Roi Vidal Ponte, os autores dos dous textos -FantasÃa nº 5 en sol ou non, de Carrodeguas, e Boisaca ou a divina desgraza, de Vidal Ponte- que, interconectados na proposta escénica conforman esta obra dirixida por Gena Baamonde. A obra estará no cartel da sede do CDG ata o 5 de maio e despois iniciará unha xira que arestora só conta con sete citas confirmadas, unha situación de distribución inferior á habitual ante a que a directora do CDG asegurou non sentirse "satisfeita" malia que agarda poder ampliar cando menos cunha representación a maiores en Ourense. Lugo queda fóra do percorrido desta peza, "foi imposible", asegurou Noia, debido á falta de consensos.
Os dous textos que conforman Neorretranca e posmorriña preséntanse como dúas pezas independentes e completamente diferentes, tanto desde o punto de vista estético como desde a súa forma de entender a dramaturxia. Porén, ambas as obras foron abordadas de xeito flexible pola dirección escénica para incorporar as achegas e a enerxÃa grupal, que todo o equipo coincidiu en destacar ao respecto do proceso de ensaios. Asà mesmo, tamén teñen como común denominador a súa ollada aceda e retranqueira sobre a identidade galega. Baamonde agradeceu o feito de ter aos autores presentes durante a montaxe da produción asà como a liberdade que sentiu para tratar os textos, "liberdade" que tamén foi unha das palabras empregadas e remarcadas por ambos autores á hora de gabar o traballo feito pola directora e o equipo coas súas pezas. Dez actrices conforman o elenco desta produción que conta tamén con escenografÃa de Marta Pazos, música de Ailén Kendelman e coreografÃas de MarÃa Cabeza de Vaca
Reflexións sobre o colectivo desde o máis persoal e desde a liberdade
Tanto Carrodeguas como Vidal Ponte coincidiron en afirmar que os seus textos eran extremadamente persoais. Esther F, Carrodeguas asegurou que de entre oda a súa obra dramática esta era a peza "máis propa e máis libre" das que escribiu xa que, segundo ela, "a escribÃn coa liberdade de pensar que nunca Ãa acabar nun teatro, que isto non acontecerÃa". A linguaxe corporal e o xogo escénico son os eixos arredor dos que se levantou FantasÃa nº 5 en sol ou non, definida por Gena Baamonde como unha colaxe, un "catálogo-secuencia de múltiples imaxes dunha terra por facer". A partir deste traballo de movemento grupal, o texto vai poñendo o foco en tópicos e prexuÃzos, que se abordan desde a ironÃa, o humor e a crÃtica irreverente.
Pola súa banda, Boisaca ou a divina desgraza foi presentada polo seu autor como un texto moi persoa e sincero no que hai moito da súa vida, ata o punto de ser a peza, Segundo dixo, "unha homenaxe ou meu pai -o desaparecido dramaturgo e actor Roberto Vidal Bolaño- e ao teatro galego". O propio Roi Vidal, encarnado nunha actriz veterana, é un dos personaxes desta obra, na que, nun xogo metateatral -coa encarga de escribir un texto sobre a identidade galega como escusa- emprende unha viaxe polo máis alá na procura do seu pai. Neste camiño, irase atopando con algunhas figuras emblemáticas do imaxinario galego como Isaac DÃaz Pardo, Castelao ou RosalÃa, ademais de contar coa axuda de Mary Shelley, a autora de Frankestein, para intentar encaixar cada unha das pezas desa idea de Galicia. Vidal afirmou que estar era unha "reflexión sobre a identidade nacional" á que él chegaba a través dunha "reflexión sobre a identidade persoal".
Aposta con antecedentes
Malia non ser esta primeira vez que o CDG produce obras de autores galegos vivos, xa que a lista de nomes representados anteriormente pasa por Ana Vallés, Manuel Lourenzo, Cándido Pazó ou Roberto Vidal Bolaño aÃnda en vida, entre outros, a aposta neste momento por unha dramaturxia galega contemporánea que explorase a identidade presentábase como algo arriscado e audaz a través dos dous textos para unha soa obra saÃdos do programa DramaturXa de escrita teatral proposto polo propio CDG. Tampouco esta idea era excesivamente nova, xa durante os anos do goberno bipartito da Xunta (2005-2009) o Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais (IGAEM), precursor da AGADIC puxera en marcha un programa de dramaturxia residente do que sairán as producións de A Piragua ou Estigma, esta última unha obra escrita a tres mans por Jacobo Paz, Vanesa Sotelo e Rubén Ruibal. Este regreso ao apoio ao desenvolvemento da dramaturxia galega actual era unha das liñas principais no programa da directora do CDG, Fefa Noia, desde que tomou as rendas da compañÃa pública en 2015. A estrea destas dúas pezas xurdidas do DramaturXa, non será a derradeira e a liña terá continuidade proximamente levando a escena outros dous textos saÃdos dese programa de autores contemporáneos.