Nieves Rodríguez e Adrián Díaz deron hoxe a coñecer os nomes dos finalistas de cada unha das 25 categorías Foto:AGA
O vindeiro 2 de marzo, cando no Pazo da Ópera da Coruña teña lugar a gala de entrega dos premios Mestre Mateo do audiovisual de Galicia haberá dous nomes que serán os que máis se repitan ao longo da noite: La Sombra de la Ley e Trote. As dúas longametraxes acumulan quince candidaturas finalistas cada unha delas, competindo na maior parte delas. A unha certa distancia sitúanse a serie O sabor das margaridas con 8, a longametraxe Contou Rosalía con 7 e o programa Land Rober Tunai Show con 4. A videocración tamén acada un oco relevante ao contar o documental Versogramas con 4 candidaturas tamén. Nieves Rodríguez e Adrián Díaz deron hoxe a coñecer os nomes dos finalistas de cada unha das 25 categorías, xurdidos da primeira rolda de votacións desta XVIIª edición dos premios de entre as máis de 400 candidaturas presentadas. A Academia Galega do Audiovisual encara a recta final desta carreira cara ás estatuíllas que recoñecen o mellor da produción audiovisual galega e que se entregarán nunha gala da que xa sabemos tamén algún detalle como que estará dirixida pola actriz, guionista e directora Sonia Méndez (Vigo, 1980).
Trailer TROTE from Frida Films on Vimeo.



