Os Premios Mestre Mateo e María Casares desvelan as súas candidaturas

146 producións optan aos galardóns audiovisuais mentres 38 espectáculos compiten nos escénicos

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Xerras dos Premios María Casares

Xerras dos Premios María Casares

Comeza a recta final para a XIV edición dos Premios Mestre Mateo do audiovisual galego e mais para os XX Premios de Teatro María Casares. A Academia Galega do Audiovisual, que organiza os primeiros, e a Asociación de Actores e Actrices de Galicia, responsable dos últimos, deron a coñecer as candidaturas que agora se someterán a votación para determinar os finalistas e, en última instancia, os premiados das dúas citas. No caso dos Mestre Mateo, compiten 146 producións, 159 produtoras e 518 profesionais nun total de 28 categorías. Os gañadores daranse a coñecer nunha gala que se celebrará na segunda semana de abril no Pazo da Ópera da Coruña.

Pola súa banda, para os María Casares presentáronse 38 espectáculos e máis de 300 profesionais que pelexarán polos galardóns en 14 categorías. A gala de entrega celebrarase o 30 de marzo no Teatro Rosalía Castro da Coruña. No acto entregarase o Premio de Honra Marisa Soto e lerase o Manifesto Galego no Día Mundial do Teatro.

Que che parece esta nova?
59 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con María Casares, Premios Mestre Mateo, Ópera, Asociación de Actores e Actrices de Galicia...