O concurso para a dirección do Museo de Pontevedra esperta polémica entre traballadores e colectivos

Critican que a elección sexa "unha decisión política"

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

Colectivos culturais así coma o sindicato Comisións Obreiras, criticaron estes días o procedemento para escoller a nova dirección do Museo de Pontevedra, publicado pola Deputación de Pontevedra. Os Amigos do Museo de Pontevedra criticaron que o comité técnico estea conformado por xefes de servizo e que a decisión final corresponda ao deputado provincial de cultura. CCOO denunciou que, malia ser unha convocatoria legal, "non lle parece ética", ademáis de dubidar das competencias do Deputado de Cultura da Deputación para a elección do director. O sindicato queixouse de que o Museo de Pontevedra continúe "sen autonomía, sen organigrama, sen guía de funcións, sen dirección e sen sentido".

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museo de Pontevedra, Guía, Deputación de Pontevedra