Unha antoloxía leva ao italiano os autores homenaxeados no Día das Letras

A RAG acolleu a presentación de La letteratura galega. Autori e testi

31/1/2019 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Medio cento de homenaxeados co Día das Letras Galega, desde Rosalía de Castro a Lois Pereiro chegarán ao público italiano mediante a antoloxía La letteratura galega. Autori e testi. Os centros de estudos galegos de Padua, Roma e Perugia coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, deron ao prelo esta obra, que recolle as biografías dos homenaxeados canda a unha escolma de textos en versións en galego e en italiano e bibliografías específicas. Tres apéndices achegan ademais información sobre feitos históricos, publicacións periódicas e mapas e un glosario de termos galegos. A sede da Secretaría Xeral de Política Lingüística acolleu a presentación da obra coa presenza de Gemma Álvarez Maneiro e Giovanni Borriero, coordinadores da edición.

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Política Lingüística, Secretaría Xeral de Política Lingüística, Lois Pereiro, Rosalía de Castro...