Unha mostra amosará a vida e obra de Álvarez Blázquez en 2.500 puntos de Galicia e do exterior

Barbantesa de letras

2/5/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

“A barbantesa” é o título do proxecto co que o IES Cotarelo Vallador gañou o certame de mostras encol do Día das Letras galegas. Marisol López, secretaria xeral de Política Lingüística, presentaba o mércores esta proposta, que consiste en once carteis con ilustracións e textos que fan un percorrido polo traballo e a biografía de Xosé María Álvarez Blázquez e que inclúe ademais unha guía de actividades para o alumnado. O material está xa a se distribuír en centros de ensino, concellos e centros galegos no exterior, e agárdase que chegue a preto de 2.500 puntos.

Que che parece esta nova?
24 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xosé María Álvarez Blázquez, Xosé María Álvarez, Guía, Política Lingüística...