Política lingüística envía longametraxes e curtametraxes a centros de estudo de galego para celebrar o Día das Letras Galegas

O exterior co Día das Letras

18/4/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Comezan a prepararse as actividades para celebrar o día das letras galegas. O vindeiro 17 de maio non será só un día de festividade en Galicia, senón tamén en 41 centros de estudos galegos de universidades do estranxeiro. Son os lugares aos que a Secretaría Xeral de Política Lingüística acaba de remitir material para contribuír a dfundir a lingua e a cultura galega. No envío, no que colabora o Consorcio Audiovisual de Galicia, figuran longametraxes (“Trece badaladas” e “Pinocho 3000k”), unha selección de curtas con diálogos en galego, así como material gráfico e audiovisual sobre Manuel Lugrís, o homenaxeado nesta edición.

Máis información en Galicia Hoxe

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Día das Letras Galegas, Política Lingüística, Manuel Lugrís, Galicia Hoxe...