Os xornais achegan publicacións específicas sobre Lois Pereiro

Biografías e suplementos especiais son as principais apostas

Lois Pereiro en 17 voces é o título do volume que entregará mañá La Voz de Galicia como agasallo. En Xornal de Galicia, os lectores poderán optar por adquirir por 11,95 euros desconto a Lois Pereiro. Vida e obra, biografía do autor escrita por Iago Martínez e editada por Xerais, que ten un prezo habitual de venda de 16,15. A obra recolle unha escolma de textos do poeta realizada por 17 creadores que ademais comentan a súa elección. Pola súa banda, tanto en Atlantico Diario como La Región distribuirán mañá Vida e obra de Lois Pereiro, un repaso da man de Manuel Amado sobre a figura do homenaxeado. Canda a estas publicacións, están previstas edicións especiais de suplementos culturais como Luces de El País ou a Revista das Letras que sairá con Galicia Hoxe..