Política Lingüística representa o galego na Expolangues de París

Ensinar a lingua en París

19/1/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
Un ano máis o noso idioma acude á principal cita das linguas do mundo. A Secretaría Xeral de Política Lingüística conta no Expolangues de París cun posto no que se informa aos visitantes sobre o Plan Xeral de Normalización, a situación do galego e as posibilidades de aprender a lingua no estranxeiro. A propia secretaria xeral, Marisol López, acudiu ao evento, e aproveitará para se reunir cos reponsables do Instituto Cervantes, do Camões e mais da Fundación Gulbenkian, así coma cos encargados do Centro de Estudos Galegos da Sorbona.

Máis información no web da Xunta; en Vieiros

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Política Lingüística, Vieiros, Instituto Cervantes, Secretaría Xeral de Política Lingüística...