Un expositor amosará o galego na Expolangues de París

Os visitantes coñecerán as posibilidades de aprendizaxe da nosa lingua

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

Como é habitual nos últimos anos, a Secretaría Xeral e Política Lingüística contará cun expositor no salón Expolangues de París. Os visitantes poderán coñecer os cursos e programas existentes para aprender a nosa lingua, así como os recursos dispoñibles na rede ou os centros de estudos galegos que existen polo mundo. Ao tempo, neste espazo impartiranse minicursos de iniciación ao galego. O encontro desenvólvese desde hoxe e ata o vindeiro día seis, e conta con máis de 200 expositores.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Política Lingüística, Centros de Estudos Galegos, Lingua galega