A Real Academia Galega e Caixanova mercarán o Arquivo de Salazar

De compras

| Santiago.Redaccion | Seccións: Historia
Compartir:

Parte do arquivo e dos documentos do que foi o segundo presidente da Real Academia Galega, Andrés Martínez Salazar, pasarán a completar o fondos da Real Academia Galega. Un logro que se consegue logo dun convenio asinado con Caixanova, polo que a entidade financieira se compromete a subvencionar a adquisición.

Convenio


Francisco Fernández del Riego, actual presidente de la Real Academia Galega, e Xulio Fernández Gayoso, director xeral da entidade financieira, veñen de asinar un convenio por medio do cal marcarán prte importante dos fondos documentais e un arquivo e Andrés Martínez Salazar. Unha merca que supón que a Real Academia Galega goce du importante arquivo sobre a memoria histórica galega documentado en textos medievais, diplomas e tamén expedientes xurídicos. Textos que recuperou dende o seu posto como arquiveiro do "Archivo Regional de Galicia". Ademais, dentro das bases deste convenio destaca o feito do dereito preferente que Caixanova de adquiris estes fondos no caso en que a Real Academia Galega decidise vendelo nalgún momento.



Martínez Salazar



Andrés Martínez Salazar (Astroga, 1846- A Coruña, 1923) foi o segundo presidente da Real Academia Galega, tras Manuel Murguía. Ademais, foi fundador da Biblioteca Galega, a editorial que editou publicacións tan importantes como "Queixume dos Pinos" de Eduardo Pondal ou "Aires da miña terra" de Curros Enríquez. Un feito que acompaña as súas abondosas publicacións, entre a que destacan a transcrición da "Crónica Troiana".

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Real Academia Galega, Caixanova, Francisco Fernández del Riego, Eduardo Pondal...