A RAG publica a biografía de Andrés Martínez Salazar, o seu segundo presidente

O libro xa se pode descargar no web da Academia

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
A RAG publica a biografía de Andrés Martínez Salazar, o seu segundo presidente

Andrés Martínez Salazar (1846-1923) foi de nacemento astorgano e director do Arquivo do Reino de Galicia antes de ser presidente da Real Academia Galega. O autor da nova obra que presenta a RAG sobre a súa figura, Pedro López Gómez, foi tamén director do mesmo arquivo. Andrés Martínez Salazar: Aproximación bio-bibliográfica introdúcenos na vida dun estreito colaborador e amigo de Manuel Murguía, a quen coñeceu tamén no propio Arquivo do Reino. Foi posiblemente froito desa relación coa que Martínez Salazar se vinculou ao rexionalismo. A súa produción cultural, como investigador histórico e documental, levárono a publicar en numerosos xornais, revistas e publciacións, e foi editor da Biblioteca Gallega e de Galicia. Revista Regional, ademais de autor de traballos de ampla sona como sobre a Crónica Troiana, María Pita ou os guerrilleiros da guerra da Independencia. A RAG xa puxo en libre descarga a obra.

Que che parece esta nova?
100 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pedro López, Manuel Murguía, Reino de Galicia, Documental...