A Fundación Curros promove a Asociación de Amigos da RAG

A nova entidade tentará completar o orzamento da Academia ata un millón de euros

20/2/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: sociedade
Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións
Compartir:

Seguir esta historia

Avisarémoste con notificacións do navegador cando publiquemos novas relacionadas. Quita as etiquetas que non che interesen:

Etiquetas a seguir:
Real Academia Galega Méndez Ferrín
Necesitas polo menos unha etiqueta para seguir a historia.

Completar os orzamentos da Real Academia Galega para que cheguen ao millón de euros anual que a entidade precisa para o seu funcionamento. Esta é o obxectivo co que a Fundación Curros quere botar a andar o vindeiro sábado a Asociación Protectora e de Amigos da Real Academia Galega. As contas da Fundación prevén achegas individuais e colectivas de diferentes contías, que van desde os 10 euros por persoa (co que contan reunir 150.000 euros) ata os 1.000 euros que achegarían as sete grandes cidades galegas. A Fundación recolle así a proposta que fixera o presidente da RAG, Xosé Luís Méndez Ferrín, a comezos do pasado mes de xaneiro, logo de que a Xunta anunciase un investimento de 520.000 euros na entidade. Ferrín sinalou daquela que podía ser o momento de crear un colectivo de apoio deste tipo, apuntando que a súa constitución lle correspondía a sociedade civil.


Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Real Academia Galega, Méndez Ferrín

Claves

Protagonistas