Trala presentación de enmendas por parte do PP, PSOE e BNG aos Orzamentos Xerais do Estado, a Real Academia Galega pasará de recibir 380.000 euros ata 680.000, equiparándose asà coas partidas que o Goberno central querÃa conceder ás academias catalana e vasca. O diñeiro recibido será menor á do percibido o ano pasado (1 millón de euros) pero a rebaixa equipara ás tres academias. A Xunta felicitouse polo cambio nos Orzamentos do Estado e atribuiu ás súas xestións a modificación. Pola súa banda, o presidente da RAG, Xosé Luis Méndez FerrÃn, manifestou que a institución xa traballa na creación dunha Asociación Protectora da Academia, no que conflúan individuos, empresas, institucións e particulares que queiran apoiar a institución.