As achegas públicas á Real Académica superan o 1.200.000 euros

O Estado suma un millón de euros e equipara o orzamento con outras institucións semellantes

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

A Real Academia Galega sairá en 2011 da precariedade económica na que estaba instalada nos últimos anos. Segundo se publicou hoxe mesmo, o Goberno Central fará unha achega de 1.000.000 de euros aos orzamentos de institución, equiparándoa por vez primeira coas academias vasca e catalana. A suma é o resultado unha moción pactada entre PSOE e BNG, e aparece reflectida na proposta de Lei de Orzamentos Xerais para 2011, pendente de votación. Canda a isto, a institución conta con dúas partidas nos orzamentos da Consellaría de Cultura para o mesmo período destinadas ao fomento de actividades culturais, que totalizan 235.475 euros a maiores.

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con PSOE, Goberno Central, BNG, Real Academia Galega