No borrador de Orzamentos Xerais do Estado para o 2011, a Real Academia Galega percibirá 200.000 euros. AÃnda que será a primeira vez que a Real Academia Galega figure cunha partida orzamentaria asignada polo Goberno central, a súa cantidade é notablemente inferior á que percibirá o Institut de Estudis Catalans (976.480 euros) e a suma da Academia de la Lengua Vasca e a Sociedad de Estudios Vascos (1.137.7409 euros). PPdG, PSdG e BNG xa manifestaron que recorrerán o borrador. Xosé Luis Axeitos, secretario da Real Academia Galega, manifestou que a asignación concedida polo Estado é "totalmente insuficiente. Nós pedimos que nos equipararan ás Academias catalana e vasca".