As Academias galega, vasca e catalá reclamarán mais apoio a Madrid

O Ministerio de Educación reduciu un 20 por cento os fondos para a RAG

18/11/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: linguasociedade
19 lecturas | Compartido 0 veces

O Ministerio de Cultura destinará en 2014 menos fondos á Real Academia Galega, ao Institut d'Estudis Catalans e mais á Academia da Lingua Vasca e Sociedade de Estudos Vascos. Ante esta situación, as tres entidades anunciaron esta fin de semana que desenvolverán unha acción conxunta en Madrid para reclamar que se manteña o apoio estatal ao seu traballo. Segundo sinalou Xesús Alonso Montero, presidente da Real Academia Galega, estas entidades queren facer fincapé nos importantes recortes que se están a producir no ámbito da cultura por mor da crise.

Para 2014, o Ministerio prevé achegarlle á institución galega un total de 273.070, un 20% menos do que no anterior exercicio.


Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Madrid, Real Academia Galega, Educación, Ministerio de Educación...