Un total de 285.390 euros. Esta é a achega que a ConsellarÃa de Educación realiza neste 2011 aos traballos da Real Academia Galega no ámbito da lingua, un 12% menos do que no ano anterior, segundo o convenio que asinaron onte representantes das dúas institucións. A contÃa contribuirá a soster o traballo dos seminarios de lexicografÃa, sociolingüistica e terminoloxÃa da RAG, que entre os seus proxectos máis inmediatos teñen a elaboración do novo dicionario de referencia para a nosa lingua, asà como novos estudos de terminoloxÃa especializados nos campos da economÃa ou da botánica. Tamén se prevé con estes fondos colaborar no desenvolvemento do XXIV Curso de Lingua e Cultura Galega para Estranxeiros e Españois fóra de Galicia, que se está a desenvolver este mesmo mes. O presidente da RAG, Xosé LuÃs Méndez FerrÃn, salientou que tanto as achegas que esta entidade recibe de Educación como as que proveñen do Ministerio de Cultura son insuficientes para desenvolver os seus proxectos.