A Real Academia Galega recibirá 12.000 euros este ano mercé ao convenio que o seu presidente, Xosé LuÃs Méndez FerrÃn e mais o vicepresidente primeiro da Deputación de Lugo, Antonio Veiga, asinaban esta mañá. No acto de sinatura, Veiga destacou que a entidade provincial mantén o apoio que lle viña outorgando nos últimos anos á RAG, fronte á redución de fondos que a entidade nos Orzamentos do Estado. Segundo el “A achega que realiza a Deputación ten unha significación especial nestes tempos, cando se ten coñecemento do recorte que o goberno do Estado fixo á Real Academia Galega segundo os seus orzamentos para este ano, por iso mantemos a nosa colaboración como até agora".