A redución de fondos que está a sufrir a Real Academia Galega (RAG) pon "en perigo" esta institución. Asà o sinalou onte o seu presidente, Xosé LuÃs Méndez FerrÃn logo de manter unha xuntanza do grupo parlamente da Alternativa Galega de Esquerda (AGE). FerrÃn reclamoulle á Xunta que asuma os fondos que deixou de achegar o Estado para garantir a actividade da institución, unha redución que estima nun 70% nos últimos dous anos. En total a RAG recibirá 370.000 euros para 2013. Pola súa banda, o grupo parlamentario de AGE anunciou que lle reclamará á Xunta que incremente a dotación para a RAG.
Ao tempo, a Academia anunciou no seu web que estuda recorrer a sentencia do Tribunal Superior de Xustiza, que aceptou parcialmente o recurso desta institución ao Decreto do Plurilingüismo. Logo dun encontro coa directiva da Mesa pola Normalización, as dúas entidades acordaron solicitar publicamente que se derrogue canto antes o decreto.