A Xunta incrementa o seu apoio ao Ramón Piñeiro a través da USC

Achega 192.516 euros para os proxectos de terminioloxía

6/3/2015 | Santiago. Redacción | Seccións: lingua
30 lecturas | Compartido 0 veces

Os proxectos dedicados á terminoloxía que desenvolve o Centro de Investigación en Humanidades Ramón Piñeiro contarán este ano con máis apoio. O Consello da Xunta aprobaba onte a á renovación da colaboración entre a Consellería de Cultura e a Universidade de
Santiago de Compostela para desenvolver novos traballos nos proxectos Servizo de Terminoloxía Galega (Termigal) e mais o Corpus de Referencia do Galego Actual (CORGA). En total, a Xunta incrementa o seu apoio a estes programa un 45 por cento, e inviste a través da USC un total de 192.516 euros.

Dentro destes proxectos anúnciase o desesnvolvemento dun banco de datos terminolóxicos, o TERGAL, que reunirá recomendacións de termos para linguaxes, así como equivalencias en castelán, portugués e inglés.


Universo culturagalega.gal

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ramón Piñeiro, USC, Consellería de Cultura, Santiago de Compostela...