Cultura achega máis de 240.000 euros para financiar proxectos de investigación do ILG

O convenio permitirá actualizar e renovar proxectos da institución

11/4/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: lingua

A Consellería de Cultura e Educación achegará máis de 240.000 euros para a continuación dos proxectos sobre lingua que está a desenvolver o Instituto da Lingua Galega (ILG) da Universidade de Santiago de Compostela, para o cal asinararse un convenio. Entre os principais traballos que financiará esta achega están os traballos de edición e elaboración dos materiais galegos do Atlas Lingüístico da Península Ibérica (ALPI), a incorporación de máis textos á base de datos lexicográfica e ao Tesouro Informatizado da Lingua Galega, a incorporación de mapas ao Atlas Lingüístico Galego e ao Arquivo do Galego Oral, ademáis de diferentes proxectos de investigación sobre o galego medieval.


Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con ILG, Lingua galega, Educación, Consellería de Cultura...