O proxecto de orzamentos do goberno central prevé reducir por segundo anos consecutivo a asignación para a Real Academia Galega. Segundo recollía onte La Voz de Galicia, a previsión de fondos para a entidade pasa de 341.000 a 273.000 euros. Ante isto, o presidente da Academia, Xesús Alonso Montero, anunciou que se dirixirá ao Ministerio de Cultura para subsanar esta merma e apuntou a posibilidade de que o Goberno Autonómico supla este recorde a incrementar a súa achega. Pola súa banda, e de novo segundo unha información de La Voz de Galicia, a Xunta de Galicia prevé manter a súa achega de 575.000 euros á RAG. A mingua do pasado ano xerara unha viva polémica entre a institución e a Administración.
Periga de novo o orzamento da Real Academia
O goberno central prevé reducir a súa contribución ao organismo
26 lecturas | Compartido 0 veces
Universo culturagalega.gal
Universos
Explorar o Universo desta nova
Descobre máis noticias relacionadas con Goberno Central, La Voz de Galicia, Xesús Alonso Montero, Real Academia Galega...
Claves
Protagonistas