A Academia de Belas Artes tamén pasa apuros

O Goberno Central retiroulles a axuda de 40.000 euros que achegaba anualmente

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Para alén dos problemas económicos que está a denunciar a Real Academia Galega, tamén a Real Academia Galega de Belas Artes Nosa Señora do Rosario está a pasar un mal momento. Segundo recollía La Voz de Galicia esta fin de semana, o recente plenario da entidade acordou procurar fórmulas que permitan a supervivencia da institución. A retirada da axuda de 40.000 euros anuais que lle achegaba o Goberno Central motivou que desde a Academia estean a barallar a posibilidade de buscar financiamento mediante a constitución dunha fundación ou mediante unha asociación de amigos da entidade. Os fondos actuais impedirían manter a aberta a institución, segundo aseguran os seus membros.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Belas Artes, Goberno Central, Academia de Belas Artes, Plenario...