O apoio estatal á Real Academia chegará ao Congreso dos Deputados

A RAG mantén negociacións coa Xunta para o seu financiamento

8/3/2010 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: politicas culturais
1 lecturas | Compartido 0 veces
Os parlamentarios galegos dos tres partidos levarán ao Congreso dos Deputados a necesidade de que o Goberno Central apoie orzamentariamente a Real Academia Galega. Segundo adiantou esta fin de semana Xornal de Galicia, é previsible que a proposta se concrete por vez primeira nunha partida orzamentaria para o organismo nos orzamentos de 2011. Ao tempo, o mesmo medio adianta que a institución continúa a negociar coa Xunta a achega do Goberno Autotómico á mesma.

Universo culturagalega.gal