A Real Academia dixitaliza os seus fondos

O proxecto está financiado pola Fundación Cidade da Cultura

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

A conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo e o presidente da Real Academia Galega, Xosé Ramón Barreiro, asinaban esta mañá o convenio para dixitalizar os fondos da RAG. O proxecto será financiado pola Fundación Cidade da Cultura con 149.000 euros e pretende pór a disposición de todos os interesados os fondos desta institución nun prazo de dous anos. O material dixitalizado será accesible a través de Internet ademais de nas instalacións da Real Academia e do Arquivo Nacional. Esta actuación enmárcase no Programa de Dixitalización de Fondos Documentais e Bibliográficos Galegos que encabezan a Biblioteca e o Arquivo Nacional. A intención deste proxecto e dixitalizar os principais fondos culturais do noso país para formar o Fondo Dixital da Cultura Galega.

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ánxela Bugallo, Xosé Ramón Barreiro, Internet, Documentais...