A Cidade da Cultura contará con 256.000 euros para dixitalizar Patrimonio Bibliográfico Galego

Patrimonio dixital

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

O Ministerio de Cultura apoiará finalmente con máis de 256.000 euros o proxecto da Fundación Cidade da Cultura para dixitalizar fondos do noso patrimonio bibliográfico. O proxecto prevé facer accesible a través de Internet arredor dun millón de páxinas entre publicacións periódicas, libros, mapas e gravados mediante unha biblioteca virtual. Está previsto que o proxecto estea na rede a finais do ano. Ao tempo, a conselleira de Cultura asegurou que a reapertura do proceso xudicial sobre a xestión da Cidade da Cultura non interferirá no desenvolvemento do proxecto.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Internet, Ministerio de Cultura, Cidade da Cultura de Galicia