A compañÃa A quinta do cuadrante, formada por Melania Cruz e Tito Asorey, estrésase o vindeiro domingo en Ourense espectáculo O empapelado amarelo. Tito Asorey dirixe e Melania Cruz protagoniza esta produción que se poderá ver no Auditorio Municipal en dupla representación (18:00 horas e 20:00 horas) e na que ela mesma é responsable xunto a Asorey da dramaturxia de adaptación do relato da autora estadounidense. Laura Iturralde deseña a escenografÃa e a iluminación de Laura Iturralde, mentres que a música corre a cargo de Xavier Bértolo. O empapelado amarelo parte do relato autobiográfico homónimo publicado en 1891 pola autora norteamericana Charlotte Perkins Gilman. Nel narra en clave de horror gótico as consecuencias dun tratamento médico prescrito para combater o estado depresivo no que se atopaba a raÃz do nacemento da súa primeira filla. O tratamento consistÃa basicamente na eliminación de todo tipo de actividade intelectual, creativa e mesmo social, illándoa nun encerro doméstico. Sobre o relato de base a compañÃa ofrece un monólogo que reflexiona sobre a problemática contemporánea do papel da muller como nai poñendo en cuestión a visión tradicional dos roles de xénero dentro do fogar e crea unha experiencia teatral que afonda na crise actual dos modelos de relacións amorosas baseadas nunha serie de valores que se poñen en cuestión. A obra representarase tamén o vindeiro 7 de febreiro na Cidade da Cultura de Galicia dentro da mostra Escenas do Cambio.