Tras unha longa e intensa campaña de promoción do proxecto, o xornal electrónico Sermos Galiza anunciou que acadara os 3000 subscritores precisos para afrontar os custos de edición dun xornal diario en papel canda a edición electrónica xa existente. O proxecto naceu o 29 de xaneiro de 2018, apoiado por representantes de diversos ámbitos da sociedade galega, e ten por obxectivos un xornal xeralista que substitúa ao actual semanario, e que se editará de luns a venres. O obxectivo dos 3000 subscritores acadouse tras una longa e intensa campaña de promocións e presentacións en numerosas vilas e cidades de Galicia, canda a actividade en Internet.