Desaparece a edición galega de El País

A redución da cobertura informativa do xornal motivou abondosas protestas

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:

Hoxe é o primeiro día no que o xornal El País sae á rúa sen o caderniño central que dedicaba a Galicia desde que se iniciara a súa publicación en 2006. Canda a este espazo, desaparece tamén a sección cultural Luces, que se publicaba cada venres. No seu lugar, o xornal achega unicamente dúas páxinas dedicadas ao noso país. A desaparición deste espazo informativo provocou unha intensa resposta nas redes sociais como Twitter, co tag #queremoselpaisgalicia e unha campaña de recollida de sinaturas mediante o web Change.org.

Pola súa banda, o Colexio de Xornalistas de Galicia denunciou que a eliminación da sección dedicada a Galicia "racha no caso galego cunha traxectoria xornalística recoñecida durante seis anos xustos, e afecta moi negativamente á biodiversidade informativa que debe existir en calquera sociedade".

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con El País, Twitter

Claves

Entidades
Conceptos