Manuel Rivas encabeza a lista dos galegos máis influintes que publica hoxe o xornal "El Mundo"

Un autor de importancia

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Nin empresario, nin político. O galego máis influinte no noso país, segundo o xornal "El Mundo", é o escritor Manuel Rivas. Canda a el, e sen outra orde que a alfabética, outros dezanove nomes coma o editor de "La Voz de Galicia" Santiago Rey, o seu homólogo de "El Correo Gallego" Feliciano Barrera, o arcebispo Julián Barrio ou o deseñador Adolfo Domínguez. A nivel estatal, o galego máis destacado é para este xornal Mariano Rajoy, que ocupa o segundo lugar no Top 100 do poder. Canda a el só Amancio Ortega, Francisco Vázquez e José Blanco destacan nesta lista.

Máis información no suplemento Los 500 de El Mundo

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel Rivas, Adolfo Domínguez, Francisco Vázquez, El Correo Gallego...