O xornal inglés "The Guardian" inclúe a praia de Rodas, nas Cíes, entre as dez mellores do mundo

A praia final

A calidade das augas e do contorno da praia de Rodas, nas Illas Cíes, levou ao xornal británico "The Guardian" a incluíla entre os dez mellores areais do mundo. Na lista na que recolle os méritos destes espazos, o xornal reivindica a tranquilidade galega e recomenda a gastronomía local. Canda a ela, na lista están lugares coma Colombia, Brasil, Tanzania ou Filipinas.

Máis información en The Guardian