Chega aos quioscos o novo diario do país Xornal de Galicia

Duascentas sinaturas achegan a radiografía da sociedade galega no número de lanzamento

| Santiago. Redacción | Seccións: Quiosco
Compartir:
Chega aos quioscos o novo diario do país Xornal de Galicia

Unha entrevista con Anxo Quintana, outra con José Blanco e a desputa pola casa de Castelao conforman a portada de Xornal de Galicia, o novo diario galego. Un xornal que chega ao quiosco no noveno aniversario de Xornal.com, a cabeceira dixital que da orixe a esta nova publicación. José Luís Gómez é o director deste novo medio que, segundo achega no editorial “nace con vocación plural e independente e ten entre os seus principios fundacionais a defensa dos intereses de Galicia”. Co número 1 deste xornal sae un caderno no que oitenta personalidades elixen os quince momentos máis imporantes do pasado, presente e futuro. Duascentas firmas que pretenden “radiografas a sociedade a través da opinión”, asegura nas súas páxinas iniciais.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelao

Claves

Protagonistas