Xornal.com sairá en papel cada semana en Vigo, A Coruña e Santiago

Cultura de papel

Primeiro naceu en Internet e agora pásase ó papel. Trátase de Xornal.com, o xornal que naceu hai tres anos e que agora modifica a súa estratexia para pasarse ó mundo impreso. Seguirá sendo fiel ós seus principios: información veraz e independente, pero cunha clara vocación de servicio. Os 25.000 exemplares que se distribuirán faranse dun xeito gratuíto polas rúas de Vigo, Santiago A Coruña e tamén mediante subscricións a domicilio en calquera punto de Galicia.

Xornal.com en papel

Hai tres anos nacía en A Coruña Xornal.com. Un producto que nacía da man de Xornal Galinet. S.A. Aínda que veu a luz en decembro de 1999 o proxecto mascouse durante máis tempo, da man de varios profesionais galegos de recoñecido prestixio entre os que figuraban Bieito Rubido que logo marcharía do proxecto. Unha baixa que cubriria como socio o Grupo San José.
Durante este tempo, Xornal.com foise facendo un nome e acadando unha posición bastante sólida que foi refrandada polos datos do OJD de medios electrónicos. E a ese crecemento do xornal que dirixe Antonio Sangiao ofréceselle unha nova volta. Aquel semanario de lecer Xornal Coruña, que reparteu de balde uns 34 exemplares, convírtese agora en semanario pero de actualidade, con temas que terán continuidade na web. E 25.000 exemplares que se distribuirán terán unha media de 16 páxinas, con formato periódicos, e prestarán atención ós asuntos máis actuais de Galicia, con especial atención á economía e lecer do país. E sempre co mesmo selo que caraterizou a esta cabeceira. Sen embargo, a principal novidade ou punto diferenciador do programa é a súa vocación de servicio, que é a seña de identidade desta aposta informativa. Por iso haberá desde os resultados das enquisas que se plantexan na web, como unha guía de restaurantes, cafeterías, bares, locales de copas, carteleira,....
O xornal distribuirase de xeito gratuito polas rúas de Vigo, A Coruña e Santiago e para os que vivan noutros puntos de Galicia haberá un sistema de subsrición ó que se terá acceso pre-enchendo un formulario e enviándoo á sé de Xornal, que só cobrará os gastos de envío.












Estatuto dos Xornalistas




O Clube Internacional de Prensa de Santiago acolleu onte unha nova conferencia dentro do VIII Ciclo pola Secretaría Xeral para as Relacións cos Medios Informativos. O título da súa conferencia foi " Un estatuto para os xornalistas" desde o que derivou toda unha conversa sobre a situación xurídica do Estatuto dos xornalistas. Un feito que para este profesor titular de Dereito Constitucional e especialista no estudio dos dereitos fundamentais deixou aseveracións como que o "limitar o acceso á profesión ós titulados en periodismo, colisiona co dereito fundamental á liberdade de expresión". Unha serie de postulados que ofrece no seu libro "O estatuto dos xornalistas" e no que incide na necesidade de revisar a normativa actual. Un feito que deixa numerosas frontes abertas como son a cláusula de conciencia, a protección dos dereitos dos xornalistas, a cláusula de conciencia, o de autor e a liberdade de expresión. Como posibles solucións ós problemas que afectan á práctica do xornalismo actual figuraban a creación por lei dos comités de redacción, e a necesidade de crear un órgano de control que vele pola "esixibilidade dos deberes dos xornalistas" (algo que xa existe en outros países europeos).