A exposición 'Máis Nunca Máis' amosa na Coruña a creación artística e popular xurdida das mobilizacións de 2002

A mostra está centrada en preto de 1.500 imaxes proxectadas

| Santiago. Redacción | Seccións: SociedadeComunicaciónExposicións
Compartir:
Cartel da exposición

Cartel da exposición

A sala de exposicións do Palexco acolle ata marzo a exposición "Máis Nunca Máis", que recolle a creación artística e popular xurdida tras a catástrofe do petroleiro Prestige, unha iniciativa promovida pola A.C. Unha Gran Burla Negra coa colaboración do Concello da Coruña. A mostra, que está deseñada polo colectivo Radio Buguina, está centrada e preto de 1.500 imaxes montadas en movemento, grazas a 20 proxectores. Esta mostra estará acompañada tamén por unha serie de charlas e mesas redondas que comezan mañá venres coa conferencia do filósofo e investigador Amador Fernández-Savater no Paraninfo da Universidade. As actividades complementarias á mostra péchanse o día 24 de xaneiro cunha mesa redonda titulada O Nunca Máis como fin do réxime fraguián. Dezaseis anos dun vergoñento consello de ministros, que se celebrará no salón de plenos do Concello ás 19.30 horas. Na mesa participarán os xornalistas Xosé Hermida, José Precedo e Comba Campoy, que abordarán temas como o papel dos medios de comunicación ou as consecuencias políticas da xestión da catástrofe.

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Imaxes para lembrar Nunca Máis

Imaxes para lembrar Nunca Máis

As exposicións do proxecto Unha gran Burla Negra recuperan a memoria gráfica das mobiliacións polo Prestige

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xosé Hermida, Medios de comunicación, Exposicións, Prestige...