O xornalista e escritor Arturo Lezcano (Ourense, 1939) faleceu onte na cidade da Coruña aos 79 anos de idade. Na súa mocidade frecuentou no seu Ourense natal a tertulia de Vicente Risco, do que foi discÃpulo e ao que sempre estivo moi unido como demostrou o feito de exercer a vicepresidencia da Fundación Vicente Risco, e por ter escrito varios ensaios sobre a vida e obra do intelectual ourensán. Nos anos sesenta desenvolveu unha ampla actividade no mundo dos cine clubes, que rememora no seu libro Ourense, cittá aperta (1999), aÃnda que profesionalmente se dedicou desde moi novo ao xornalismo na cabeceira local La Región, para despois pasar por Ferrol Diario e La Voz de Galicia ata a súa xubilación en 2003. Gañador de premios como o Julio Camba, Lezcano escribiu libros de narrativa e ensaio como Os dados de deus (Ed. Galaxia, 1994); Só os mortos soterran os seu mortos (Ed. Galaxia, 2001); Para ler a Vicente Risco (Ed. Galaxia, 1997), no que compartÃa volume con Carlos Casares, ou Risco segundo Risco (ed. Galaxia, 2013). O seu fillo, do mesmo nome, tamén exerce a carreira xornalÃstica. A capela funeraria está no tanatorio coruñés Servisa, onde mañá a mediodÃa se celebrará unha misa, previa ao seu soterramento no cemiterio de Feáns.