Facenda propón ceder o xacemento de Pena Grande ao concello de Vilalba

O acordo deberá ser revisado cada tres anos

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

La Voz de Galicia informa de que o ministerio de Facenda remitiu unha carta ao concello de Vilalba propondo a cesión da finca na que se atopa o sitio arqueolóxico de Pena Grande, un conxunto composto por un abrigo prehistórico e un petróglifo que saltou aos medios en novembro de 2017, cando fora incluída nunha subasta pública de fincas do ministerio e unha asociación anunciara publicamente unha subscrición popular para a súa adquisición. Facenda detivo o trámite tras xestións políticas do deputado de En Marea Miguel Anxo Fernán-Vello. Agora o concello recibiu unha proposta do ministerio para a cesión da finca, sempre que sexa usada con fins culturais. A iniciativa deberá ser revisada cada teres anos. O alcalde de Vilalba anunciou que se tentaría acceder a unha subvención para mellorar a sinalización ao complexo arqueolóxico. A cesión non terá custe para as arcas municipais.

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vilalba, La Voz de Galicia, Arqueoloxía

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares