Segundo acaba de avanzar o dixital Praza, o ministro de Facenda Cristobal Montoro acaba de ordear a paralización da poxa pola parcela na que estaba encravado o xacemento da Pena Grande. A decisión tomouse despois de que Montoro fora abordado polo deputado de En Marea Miguel Anxo Fernán-Velllo, durante o pleno do Parlamento, e informado da relevancia do lugar. Facenda tamén manifestou interese en ceder a parcela de maneira gratuÃta ao concello de Vilalba, e o alcalde da localidade, AgustÃn Baamonde, amosou a súa disposición a realizar os trámites precisos cando sexa oficial. A decisión tómase despois de que a asociación luguesa Cultura do PaÃs decidira participar na poxa e iniciar unha colecta para a adquisición da finca.