Unha asociación luguesa quere poxar polo abrigo paleolítico da Pena Grande

Abriu un procedemento para recadar fondos para a adquisición

30/11/2017 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

A asociación luguesa Cultura do País abriu unha acción para tentar adquirir o sitio arqueolóxico da Pena Grande (Vilalba), un dos poucos espazos investigados ao redor do Paleolítico Superior en Galicia. O Ministerio de Facenda sacou a poxa por terceira vez a finca na que se atopan dous xacementos arqueolóxicos, este abrigo paleolítico e un petróglifo, e esta se celebrará o día 15 de decembro. No seu sitio web, Cultura do País sinala que "consideramos que esta situación non se debería ter dado (...) A nosa esperanza é que alguén entre en razón e retiren o ben da poxa. Mais se isto non se produce, nós articularemos unha última vía para evitar que este patrimonio acabe en mans de intereses especulativos que poidan afectar á súa integridade". A Asociación abriu un número de conta para persoas que queiran contribuír á adquisición e comprométese a implicar a esas persoas na xestión posterior do ben se así quixeren. A parcela ten unha superficie de 35.512 metros cadrados e está protexida legalmente pola existencia dos sitios arqueolóxicos. O BNG presentou unha iniciativa no Parlamento para solicitar a paralización da poxa.

ACTUALIZACIÓN 30/11/2017: Facenda paraliza a poxa da parcela de Pena Grande. Máis información

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con BNG, Vilalba, Culturagalega, Arqueoloxía

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares