Menos de 8.000 euros por un xacemento clave da nosa prehistoria

Facenda subhasta a finca na que se atopa o abrigo da Pena Grande

24/11/2017 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

As transformacións nas propiedades das fincas nun proceso de concentración parcelaria na parroquia de Santaballa levaron a unificar nun terreo varias propiedades de descoñecidos que o ministerio de Facenda subhastará o vindeiro 15 de decembro por un importe de 7.700 euros. Non sería máis que unha rutineira operación administrativa se a finca non albergara no seu interior un importantísimo sitio arqueolóxico da Prehistoria galega: a Pena Grande, que contén un abrigo habitacional e un petróglifo. Alí José Ramil, médico de Vilalba, achou gran cantidade de pezas que hoxe se conservan no museo de prehistoria da vila luguesa. É a terceira vez que o ben sae á venda sen éxito. A deputada do BNG Olalla Rodil anunciou a presentación dunha iniciativa para evitar que a finca acabe sendo adquirida por particulares e dedicada á explotación forestal.

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Prehistoria, BNG, Vilalba, Arqueoloxía

Claves

Entidades
Lugares