Facenda cederá o sitio arqueolóxico da Pena Grande ao concello de Vilalba

O concello solicitara formalmente a cesión da parcela

8/1/2018 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: patrimonio
2 lecturas | Compartido 0 veces
O ministerio de Facenda iniciou os trámites para a cesión da parcela de 3,5 hectáreas nas que está localizado o sitio arqueolóxico de Pena Grande e máis un petróglifo, logo da solicitude formal do concello de Vilalba para a súa cesión. O sitio arqueolóxico alberga un asentamento de época paleolítica de gran relevancia científica, que estivo a piques de ser subhastado polo ministerio nunha oferta destinada a compradores privadas. Tras unha intensa mobilización social, visibilidade mediática e acción política, a poxa da parcela foi paralizada. Agora, o concello de Vilalba remitirá unha memoria elaborada desde o Museo local para acreditar a relevancia patrimonial do terreo.

Universo culturagalega.gal

Contextos

Claves

Conceptos
Lugares