Facenda detén a poxa o sitio arqueolóxico de Pena Grande

A mobilización social e política conseguiu a paralización

12/12/2017 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Facenda non permitirá poxar pola finca na que se atopa o sitio arqueolóxico de Pena Grande. Aínda que non foi publicado no Boletín oficial do Estado, non é posible realizar ofertas para a finca a través do sistema de poxas, previas á realización do acto de poxa o 15 de decembro. A decisión prodúcese despois dunha importante mobilización social iniciada pola asociación Cultura do País e tras a conversa entre o deputado de Anova Miguel Anxo Fernán-Vello e o ministro Cristóbal Montoro no Congreso dos Deputados no que o deputado lugués expuña a situación da finca.

Que che parece esta nova?
26 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Congreso dos Deputados, Arqueoloxía

Claves

Conceptos