O Colectivo Marciano Balboa debuta na escena con 'O Inevitable'

O Teatro Ensalle de Vigo acolle a estrea desta montaxe

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
Laura Iturralde, Diego Anido e Borja Fernández,                                              Foto: Colectivo Marciano Balboa

Laura Iturralde, Diego Anido e Borja Fernández, Foto: Colectivo Marciano Balboa

Diego Anido, Borja Fernández, Laura Iturralde e Pablo Rega son os nomes que están detrás do Colectivo Marciano Balboa que este venres se presentará ao público coa súa primeira produción escénica : O Inevitable. A sala viguesa Teatro Ensalle acolle, entre venres e domingo, a estrea e as primeiras representacións deste espectáculo definido como "unha acumulación de escenas baseadas nos efectos secundarios da fe católica, os remakes turkos de Rambo e os momentos mais íntimos da vida dun lobo solitario chamado Antonio, un tipo que fai milagres", segundo o Colectivo. Anido e Fernández corren coa dirección e a interpretación, Iturralde co deseño de iluminación e audiovisuais e o músico Pablo Rega a parte sonora. A produción de O Inevitable participou do programa de residencias Paraíso no Pazo da Cultura de Carballo e o 10 de febreiro estará no Salón Teatro de Compostela dentro da programación do ciclo Escenas do Cambio 2019.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Teatro Ensalle, Vigo, Diego Anido...